O 22 de outubro, o alumnado de 4º,5º e 6º de Educación Primaria estivo de sorte! En relación á temática de traballo deste ano, A volta ao cine en 275 días , contamos coa visita de Xosé Zapata: guionista, produtor e director. Un pracer para nós! Adentrounos un pouquiño máis no mundo do cine e aprendemos moitísimas cousas que descoñeciamos sobre este tema. O primeiro que fixemos foi coñecer que significa "Flipbook", e soubemos que é un libro que contén unha serie de imaxes que varían gradualmente dunha páxina á seguinte, para que, cando as páxinas se pasen rapidamente, as imaxes parezan animarse simulando un movemento; en definitiva, ver unha historia en movemento. Foi moi divertido! Quixo ensinarnos que iso tamén é cine. Logo, preguntounos que era o cine, e aínda que demos unhas respostas máis acertadas que outras, chegamos á conclusión despois de todo o que aprendemos hoxe, que é a maneira de reproducir unha im